Mércores. 01.04.2020
El tiempo

O IES Pedra da Aguia critica o recorte de mestres no comezo do primeiro curso LOMCE

O IES Pedra da Aguia critica o recorte de mestres no comezo do primeiro curso LOMCE
IES Pedra da Aguia Empeza o curso 2014/2015 e con el a polémica LOMCE. E xa saltou a primeira voz en contra dos recortes, da man do Claustro do IES Pedra da Aguia de A Ponte do Porto (Camariñas). Un Claustro que quere expresar o seu malestar e preocupación cos novos recortes en prazas de profesorado do centro para o vindeiro curso académico. Así o asegura trala reunión mantida o pasado venres día 5 de setembro de 2014 e unha vez informado pola Dirección da posibilidade real de perder tres profesores no presente curso (13 en 5 anos). Alí decidiron:
  • Convocar un Consello Escolar urxente para comunicar a situación e estudar as posibles medidas de presión para revertir a mesma.
  • Amosar a súa total disconformidade pola reducción do profesorado, que vai repercutir negativamente no alumnado e na calidade do ensino.
  • Manifestar a súa preocupación pola redución de medidas de atención á diversidade e da oferta educativa que o Centro viña desenvolvendo nos últimos anos, como o PROA, as seccións bilingües, o auxiliar de conversa, o Plan de Mellora da Convivencia, as actividades extraescolares varias, etc.
A comunidade educativa da Ponte entende que "existe unha contradición entre o que a Xunta propón como obxectivos educativos e o cadro de persoal co que dota ao centro para que se poñan en marcha. Este centro leva desenvolvendo durante varios cursos diferentes medidas: Plan de Mellora de Convivencia, Contratos-Programa(PROA), Programas de Diversificación Curricular e Seccións Bilingües, que haberá que suprimir por falta de profesionais que os impartan". Polo tanto, ante a negativa das autoridades educativas de A Coruña e Santiago de atender as necesidades do alumnado e do Centro, pretenden mobilizar a toda a Comunidade educativa de Camariñas nos vindeiros días para conseguir unha resposta axeitada da Consellería de Educación. Afirman que realizarán medidades de presión para manter o equipo dcente do curso pasado.

Máis novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

comentarios