Mércores. 24.07.2019
El tiempo

O Mar na Escola bate as súas marcas con máis de 400 [email protected] Xogando co Vento

O Mar na Escola bate as súas marcas con máis de 400 [email protected] Xogando co Vento
Nenos muxians xogando co vento [email protected] muxiáns xogando co vento

Recta final de curso, e tamén dunha das actividades máis esperadas. O proxecto O Mar na Escola, Xogando co Vento está afrontando as súas últimas saídas, e está procedendo xa coa coa entrega de diplomas e orlas da promoción 2018.

Este curso foron un total de 414 [email protected], mellorando a marca do ano pasado, os que participaron neste pioneiro proxecto no que se estudia o medio mariño e o deporte da vela coma se fosen leccións das asignaturas de Matemáticas e Coñecemento.

Este xuño o protagonismo é muxián. Uns 130 [email protected] dos centros de Muxía están disfrutando das instalacións do porto deportivo en horario escolar.

Nenos do CEIP VIRXE DA BARCA 2 Primaria Xogando co Vento [email protected] de 2ª Primaria do CEIP Virxe da Barca

Os resultados ano tras ano son palpablemente positivos xa que os grupos son máis numerosos. E os rapaces escolares esperan ansiosos chegar ao curso en que lle tocase participar no programa "O Mar Na Escola Xogando co vento", e ir cos compañeros de clase e volver sendo unha tripulación cun sinfín de vivencias e de aventuras compartidas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/alums-de-10-colexios-da-comarca-xa-disfrutan-dos-deportes-acuaticos-en-horas-lectivas/

Fonte

Comentarios