Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: O bichoco da pataca

O Modesto Patrimonio: O bichoco da pataca
Enemigos da patata Pranta da pataca Os que nacemos na aldea e compartimos as labores agrícolas cos nosos pais temos coñecementos e argumentos suficientes para comparar as primitivas sementeiras coas novas técnicas de labranza. Imos retroceder á década dos ano 50, onde as ferramentas cotiás eran o sacho, a forcada, o cabadoiro e o fouciño, xunto co carro das vacas que rodaba por corredoiras e camiños intransitables ata os minifundios das agras. O máis custoso da sementeira da pataca era facelo o rego e escampar co sacho e aboadas co esterco das cortes. Recordo cando trouxeron do Pais Vasco un arado moderno coñecido como “arado de rodas” que os ferreiros da nosa terra souberon copiar sacando o “arado de rabelas”. Estes artefactos aliviounos o traballo dos cativos de “gabear” co cabadoiro. A sementa da pataca había que intercambiala coa de outras comarcas porque dicían que a terceira xeración recastábase. Un dos problemas era evitar sementar na lúa da bichoca do mes de abril. O arado de rodas labraba moi fondo e volteaba a terra e de vez en cando aparecían uns bichiños de cor marrón oscuro que non podíamos tocar por medo a unha picadura mortal. Eran coñecidos como “alacráns”. Recordo, sería sobre o ano 1949, que o meu pai de regreso dunhas xestións no concello de Dumbría, pedíulle á miña nai que mirara nas leiras das patacas por se existían unhas “cascarrubias grandes” porque disque que comían a folla da pataca. No concello xa tiñan unha máquina de sulfatar para prestarlla os veciños. Miña nai, para aforrar os cartos do sulfato, pediume que de vez en cando lle axudara cunha escoba do muíño a recollelos nun caldeiro para tirarllos ás galiñas na cañeira. Este traballo durou pouco xa que tódolos anos había que sulfatalas se queríamos comer patacas. Na recolleita do mes de agosto aparecía algunhas patacas furadas que se apartaba noutro cesto para cocerllas os porcos. Co golpe no cesto saían do interior uns vermes de cor branco que se agochaban entre as herbas. Agora aparece outra praga semellante coñecida como “polilla guatemalteca”, pero déixame unha dúbida: este bichoco moderno é da mesma familia que os da miña infancia..? Grande problema para os nosos labregos… Tamén me contaron que a herba “carriza” que está invadindo tódalas agras da comarca, tamén fura as patacas e fai que perdan o sabor.

Novas da couza da pataca

 

O Modesto Patrimonio

Novas relacionadas

Fonte

Fonte

Comentarios