Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O novo temporal Petra segue arrasando a Costa

O novo temporal Petra segue arrasando a Costa
Saraibada o luns en Cee e Corcubion-Fotos-Caamano e Marcos Trillo

Sen tempo a descansar, sen tempo a facer un pouco a fotosíntese e coller folgos, a marea de temporais arrecia á Costa da Morte. Non van dous días dende que o O temporal de mar "Nadja" deixou estampas impresionantes así como un regueiro de desfeitas. E ollo, que para xoves chega outra chamada "Qumaria", que tamén deixará refachos de 140 km/h pola zona de Fisterra.
Ao longo deste martes 4 de febreiro, a nova  “Cicloxénese explosiva” chamouse "Petra", e tamén deixou cifras importantes, que coma sempre, nos sitúan á cabeza de toda Galicia e toda a península.

Segundo os datos de seguemento do Petra de 4gotas, xa se rexistraron refachos de 142 km/h en Fisterra, 140 en Vimianzo, 133 en Lira, Carnota, 121 en Malpica.

Santa Comba chegou a sufrir unhas chuvias tremendamente intensas, de 89 l/m2, a máis caudalosa de toda Galicia. O Coto Muíño, en Zas, con 53 l/m2, e Río do Sol, en Coristanco, con 45, tamén están entre as primeiras.

Máis danos materiais

Muro destrozado en Nemeno-Foto-Oscar Rey Calo Desprendimentos na estrada de Anllons ao Esto-Foto-Oscar Rey

E estas cifras traen as súas consecuencias. Por exemplo, en Ponteceso houbo varios problemas nas estradas. En Nemeño un muro caeu pola forza do vento, e na estrada de Anllóns ao Esto houbo desprendimentos que tamén obrigaron a cortalo tráfico.

Por Vimianzo, o habitual desbordamento do río provocou un auténtico mar, provocando graves danos nos establecimentos.

Torelo anegado-Foto-Roberto Rua Mar de Vimianzo-Foto-Rocio Andujar

E como non, houbo algún animal tamén que sufríu as consecuencias:

Outro cadaver dos temporais en Cee-Foto-Dario Areas

Pero tamén houbo estampas bonitas, e se ben non houbo grandes ondas, si que puidemos ver a fervenza do Ézaro a un nivel espectacular, non tanto coma cun caudal 100 veces por riba do habitual, pero si que bastante fermosa.

Cascada do Ezaro impresionante-Foto-Dani Vazquez Caamano

Pois nada, esperamos polo seguinte.

Novas relacionadas

Comentarios