Martes. 23.04.2024
El tiempo

O PIE abre as súas portas a todas as mulleres da volta cunhas charlas sobre emprendemento

O PIE abre as súas portas a todas as mulleres da volta cunhas charlas sobre emprendemento

Continúa en marcha o proxecto PIE 2017, dirixido exclusivamente a mulleres de Camariñas, Muxía e Vimianzo. E mentres consegue emprego para 13 mulleres, quere abrir as súas portas a todas as mulleres da contorna organizando unhas charlas/seminarios sobre motivación emprendedora que se celebrarán o luns día 9 de abril (Vimianzo), o martes día 10 de abril (Muxía) e o mércores día 11 de abril (Camariñas). Será unha acción aberta e gratuíta a todas as persoas que queiran asistir.

Fernando Piñeiro será o encargado de guiar o SEMINARIO DE MOTIVACIÓN EMPRENDEDORA, organizado polo programa de emprego 2017. Normalizar o proceso de emprendemento e tratar de paliar os medos e inseguridades que produce a falta de cultura emprendedora será o fío principal nesta acción formativa-informativa, a parte de dar unhas nocións básicas de como poñer en marcha unha empresa.

Estre seminario, organizado entre unha das actividades do PIE2017 e orientado principalmente ás súas participantes, abrirá tamén as portas a todas aquelas persoas que desexen asistir. Celebrarase nos tres concellos organizadores do PIE, para facilitar así a asistencia do maior número posible de participantes, achegando desta maneira a formación e información ás persoas. O luns día 9 de abril será en Vimianzo, ás 10:30 horas, no salón de actos da casa da cultura. O martes día 10 de abril, en Muxía, no Edificio de Servizos Múltiples e o mércores día 11 de abril, no Centro Cultural da Casa de Pedra, concello de Camariñas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios