Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O PP camariñán critica o "espectáculo vergoñoso" ofrecido polo alcalde no pleno

O PP camariñán critica o "espectáculo vergoñoso" ofrecido polo alcalde no pleno

O pasado mércores houbo pleno no Concello de Camariñas. Pleno Extraordinario que se celebrou con motivo de dar conta da situación dos montes. A cousa púxose tensa e rematou con berros e un serio desorde na sala.

Ata tal punto que segundo o portavoz e candidato do PP á Alcaldía de Camariñas, Daniel Rego, a actitude do alcalde Manuel Valeriano Alonso "Pichurri" foi calicada como "espectáculo vergoñoso". Rego insta así ao rexedor a que pida desculpas aos veciños por haberlles chamado "hooligans". "É inadmisible que o actual alcalde en lugar de defender os intereses dos veciños e de pór claridade nun tema que ocupa e preocupa a todo Camariñas prefira recorrer ás descualificacións", denunciou Rego.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Camariñas.

Comentarios