Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O PP camariñán protesta pola suba dun 20% do IBI

O PP camariñán protesta pola suba dun 20% do IBI

O de Camariñas, o IBI máis alto da Costa da Morte dende que en abril o goberno municipal aprobase unha subad o IBI dun 20%. Unha suba que, segundo o PP, que xa protestara en abril, estase comezando a notar nas contas bancarias dos veciños, onde xa contan tamén cos recibos correspondentes onde se aprecia o paso dun tipo do 0,50 a un 0,60.

O PP lembra que xa en 2007 o alcalde Pichurri “subira ata un 50%” este imposto que depende do Concello (non da Xunta). E aproveita para lembrar que “aí temos a un equipo de goberno socialista apoiando a un corrupto, a un inhabilitado por sentencia xudicial e despoxado do seu cargo, e mentras queimándonos a todolos veciños a impostos, e así que poidan ter cartos para os seus derroches habituais, soldos, viaxes e grandes comidas sin ninguna rentabilidade para o interese xeral dos veciños do Concello de Camariñas”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios