Venres. 26.04.2024
El tiempo

O PP de Camariñas teme que o alcalde deslocalice a Mostra

O PP de Camariñas teme que o alcalde deslocalice a Mostra

Envía hoxe o PP camariñán unha nota de prensa na que "lamenta a lenta agonía que sufre a Mostra do Encaixe dende fai 3 anos". Segundo o voceiro Daniel Rego, "os expositores queixanse polo descenso do número de visitantes e a caída de ventas nos stands". Algo que o seu grupo é culpa da "deficiente organización e a falta de renovación de ideas, claves do declive das últimas edicións". Acusa Rego directamente ao "propio Concellal Delegado do evento", Sergio Caamaño, do que critica "carecer de ideas para refrescar o evento e cambiar a tendencia decrecente do número de visitas".

Ademais, o PP amosa a súa preocupación tralo discurso do alcalde no que solicitaba a creación dun Consorcio do Encaixe. Dende o PP consideran que pode ser un "intento de deslocalizar o evento do Concello de Camariñas".

Plan de Medidas do PP

Nesa, Rego asegura que o PP vai deseñar "un plan de máis de 30 medidas para revitalizar a Mostra e devolverlle a grandeza dos seus inicios". Entre elas inclúense a "entrada gratuita para os visitantes, amplia oferta en actividades paralelas no apartado deportivo, cultural e social, presentacións empresariais e de productos, conferencias relativas a diversos ámbitos, proxeccións diarias, concursos de fotografía e video nas redes sociais, un novo diseño máis actual e funcional para a Mostra, Bonos Regalo por compras no interior da Mostra, etc...."

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Camariñas.

Comentarios