Venres. 19.04.2024
El tiempo

O PPdeG volve ás reunións comarcais para intensificar o contacto coa militancia

O PPdeG volve ás reunións comarcais para intensificar o contacto coa militancia
diego-calvo-reunion-comarcal Medio cento de persoas participaron na reunión comarcal do PPdeG celebrada este mércores en Camariñas O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, resaltou este mércores en Camariñas a importancia de manter e intensificar o contacto coa militancia para poder dar resposta ás necesidades e preocupacións de todos os concellos da provincia. Acompañado polo vicesecretario xeral de Organización e Territorial, Evaristo Ben, Calvo insistiu nesta idea diante do medio centenar de persoas dos concellos de Camariñas, Dumbría, Zas e Vimianzo que acudiron á reunión comarcal organizada polo PP provincial, no marco dunha nova rolda de encontros polos municipios da provincia. Tal e como explicou o presidente provincial, Diego Calvo, esta nova iniciativa pasa por celebrar un total de 20 reunións ao longo de toda a provincia con persoas - afiliados, militantes e simpatizantes do PP- que residan en concellos que poidan ter inquietudes similares. “Ata agora facíamos reunións comarcais por partidos xudiciais, pero agora queremos achegarnos máis ao terreo e temos dividida a provincia en 20 microcomarcas para poder atender de forma máis concreta os problemas dos concellos da provincia”, engadiu o vicesecretario xeral de Organización e Territorial, Evaristo Ben. Traballo en equipo Neste primeiro encontro, coa presenza do diputado autonómico, Aurelio Núñez, e dos portavoces municipais de Camariñas (Mauricio Aufiero), Vimianzo (Raquel Rodríguez), Zas (David Gómez) e Dumbría (Manuel Barcia), Calvo insistiu na importancia de “traballar en equipo” para “sumar e non restar” de cara ás próximas eleccións municipais. “As eleccións as ganan os equipos”, puntualizou. Do mesmo xeito, Calvo falou de que “xa celebramos o éxito das últimas eleccións autonómicas e xa fixemos balance do primeiro ano de traballo desta directiva provincial; agora toca ter a mente posta na cita electoral máis importante para nós, á que temos que chegar co partido movilizado en todos os concellos e en todas as parroquias”, argumentou Calvo, que tamén falou da importancia de designar aos candidatos ás eleccións con tempo suficiente para poder traballar. Diego Calvo insistiu na importancia da actualización dos equipos locais de cara á cita do ano 2019, e lembrou que no último ano nomeáronse 13 xestoras e están convocados 9 congresos locais porque “entendemos a mensaxe que nos deron os nosos votantes no ano 2015, que nos pediron un partido máis pegado á rúa e máis pendente dos seus problemas”. Finalmente, o titular provincial fixo unha chamada á unidade do partido: “Aquí cabemos todos. É o momento de esquecer vellos problemas ou malentendidos e traballar unidos. Cando estamos unidos e fortes, os nosos votantes responden”. Novas relacionadas Fonte

Comentarios