Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O primeiro temporal deixa cifras alarmantes e vellos temores

O primeiro temporal deixa cifras alarmantes e vellos temores
A Avda Fernando Blanco anegada cas primeiras chuvias

Pasou o primeiro temporal do inverno. Pero deixou boa conta do que nos espera. Chuvia e vento a barrer.
As cifras de onte que nos aporta 4gotas son claras:
Ao longo do día de onte se alcanzaron refachos de vento 143 km/h en Vimianzo, a máxima de toda Galicia; ademais rexistráronse refachos de 122 km/h en Carnota, 105 en Fisterra e 101 en Malpica. Se falamos en termos de chuvia, a Costa da Morte tamén está moi arriba nos rankings. En moitas partes da bisbarra caeron arredor dos 100 l/m2 en zonas como Zas ou Vimianzo, pero en toda a bisbarra non baixaron dos 50 l/m2.

E como non, houbo consecuencias. E como non, en Cee, como cada comezo de inverno, volveron os medos daquelas riadas do outubro 2006. Desta volta puidemos comprobar como a zona da Avenida Fernando Blanco quedaba completamente asolagada tralo desbordamento dos sumidoiros. Os baixos e varios garaxes da zona quedaron completamente anegados pola auga, recordando as malas prácticas na construción do recheo e de moitos edificios.

"Cada vez que chove inúndase o garaxe e xa é algo que estamos acostumados a ver, ata o día que haxa unha desgracia maior", explícanos algún veciño, recordando que as obras están "mal feita por parte da edificación e do concello por permitir facela". De feito, xa houbo algún comerciante que tivo que deixar esa ubicación para o seu establecimento polas constantes entradas de auga no seu comercio.

Os garaxes da Avda Fernando Blanco de Cee anegados

Así que seguiremos pendentes do tempo, e de paso podemos botar un ollo ás 100 maneiras que temos os galegos de chamarlle á chuvia.

O mar estivo moi bravo en Fisterra-Foto-Jose Insua Traba

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta).

Comentarios