Venres. 20.09.2019
El tiempo

O PSOE comeza coa campaña 20N

O PSOE comeza coa campaña 20N

Achégase a tráxica data do 20N, e os cruces electorais xa están afiados. Esta semana, o PSOE arremete contra o PP, ao considerar que a visita do Presdiente de Portos a Corme, ademais de ser un acto “propagandístico e partidista”, vulnera a lei a electoral pois parece claro que "non se pode entender como unha visita técnica", como denuncian dende o PSOE. I é que non se poden facer inauguracións, nin primeiras pedras en período de campaña, de aí que a do parador se colocase hai un mes.

Segundo apuntan os socialistas, esta visita vulnera a prohibición recollida no artigo 50 da LOREG, que prohíbe expresamente, “dende a convocatoria das eleccións ata a súa celebración”, a realización de “calquer acto organizado ou financiado polos poderes públicos” que conteña “alusións ás realizacións ou logros obtidos”, entre as que se contan as inauguracións e visitas a obras.

Visita do Ministro de Xustiza a Camariñas

Quen si vai facer campaña, e con todas as letras, é o Ministro de Xustiza, o ceense Fracisco Caamaño. O acto terá lugar este sábado 22 de outubro ás 17:00h na Casa de Pedra en Camariñas. Tamén estará con nos a compañeira Inés Rey, candidata o Senado polo Partido Socalista Obrero Español.

Unha pontecesana, número 7 da lista do PSOE ó Congreso dos Deputados

Apuntamos tamén a "fichaxe" da pontecesana Isabel Vuelta González (na foto con Caamaño) como número 7 da candidatura do PSOE ás eleccións xerais do 20N pola provincia da Coruña. E son 4 candidatos da Costa da Morte e Bergantiños os que se presentan nas listas provinciais para o 20N. Ademáis do cabeza de lista, Francisco Caamaño, o ceense ministro de Xustiza, Ricardo García Mira no 6, Isabel Vuelta no 7 e Humberto Creus na lista de suplentes, dan á nosa comarca ata catro postos na candidatura ó Congreso.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios