Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O PSOE tamén abre a campaña denunciando os "incumprimentos de Feijoo"

O PSOE tamén abre a campaña denunciando os "incumprimentos de Feijoo"

Presentada tamén a campaña do PSOE para as Eleccións Autonómicas 2012 do 21 de outubro, a pesar de que oficialmente non o fai ata 15 antes. Se xa coñecemos os candidatos do PP pola bisbarra, e xa vimos como o BNG aproveita estas datas para conmemorar os seus 230 anos na Costa da Morte, hoxe coñecemos como será a campaña do PSdG.

Nas listas pola Coruña hai presencia da Costa da Morte. Comezando por arriba, da man do ceense Fran Caamaño, co que charlábamos hai un tempo nas Bondades da fala, que é o nº1 pola provincia. Tamén temos á camariñá Marisol Soneira Tajes no nº5.

É precisamente Marisol Soneira a que anunciou onte, nun encontro en Camariñas para "planificar e coordinar a campaña electoral.planificar e coordinar a campaña electoral", que os socialistas desenvolverán na comarca da Costa da Morte unha campaña “intensa, activa e participativa”, na que denunciarán “os reiterados incumprimentos do goberno de Feijoo con esta comarca”, e o “abandono” que a zona experimentou durante estes catro anos.
“Imos tratar de desmontar unha a unha as mentiras e as cortiñas de fume do goberno de Feijoo con esta comarca, empezando pola autovía da Costa da Morte”, afirmou Soneira, que anunciou que os socialistas presentarán medidas alternativas para favorecer o desenvolvemento da zona e que organizarán actos en todos os concellos para explicarllelas aos cidadáns.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSdeG-PSOE.

Comentarios