O V certame de pintura tingue Camariñas de cor
13:13 10/07/17
Manuel Carballeira gañou o 1º premio do V certame de pintura "Camariñas en cores"
O paso sábado a asociación de empresarios e de Promoción Turística de Camariñas fixo a entrega dos premios do V certame de pintura "Camariñas en cores" no que participaron un bo número de artistas. A temática deste ano era libre e fíxose extensible a todo o municipio.
Manuel Carballeira foi o gañador do primeiro premio cun cadro no que as embarcacións foron as protagonistas. O premio consistiu nun cheque por un valor de 500€. O 2º premio (300€) foi para Pio Costa Beiro, mentras que Javier Sande Iglesias recibiu o 3º galardón dotado con 150€. Tamén houbo mencións especiais para Juan Carlos Triñanes, José Luis García Miranda e Martina Bugallo González. E onte foi o día dos cativos co I certamen infantil-xuvenil de pintura ao aire libre.
Novas relacionadas
- Camariñas adica unha fin de semana á arte ó aire libre
- Camariñas inspira aos artistas que participaron no III certame de pintura ao aire libre.
- O Cabo Vilán déixase pintar.
- A actividade cultural no Faro Vilán permite aumentar nun 40% o número de visitantes.
- O Vilán, o Faro dos Faros.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])
- Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas.