Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O valado do colexio de Camariñas leva un curso sendo un perigo

O valado do colexio de Camariñas leva un curso sendo un perigo
Mal estado do valado do colexio O Areal

A comezos de curso o BNG camariñán xa denunciaba o mal estado do valado co CEIP O Areal. E dende aquela, no canto de solventar o problema, o Concello apenas puxo unhas cintas de obras.

Por iso o BNG de Camariñas reitera a súa denuncia polo “deterioro no que estaba o mobiliario do Concello entre eles os parques infantís, paseo marítimo, alumeado público e o valado do colexio O Areal, elementos que poñen en perigo a seguridade dos nenos/as e dos vecinos/as de Camariñas.

Critican ademais que o PSOE publicase que “van arranxar os parques infantís pero o que fan e desmantalelar o parque infantil que estaba ubicado na Area da Vila”.

Ademais, lamentan que sigan “sen cumplir o programa co que chegaron a alcaldía. A día de hoxe non cumpriron nin unha soa promesa electoral e asi non é de estranar que non fagan nada por Camariñas nin levan a cabo nada que non seña cementar sempre co mesmo contratista, sin mirar polo que é prioritario para o noso concello”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Camariñas.

Comentarios