Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Vilán recibe aos trasnos cos brazos abertos

O Vilán recibe aos trasnos cos brazos abertos
Case 400 trasnos en Arou-Foto-Eduardo Verdes

Menudo día espectacular para percorrer o litoral costeiro. E se a etapa coincidía cunha das zonas máis espectaculares de toda Galicia, aínda mellor. Case 400 trasn@s partían o pasado domingo, baixo un espectacular sol e, o máis estrano, sen unha pizca de vento, de Arou, para completar a 5ª etapa do Camiño dos Faros, atravesando esa incrible zona chea de tesouros. 22 km de verdadeira natureza salvaxe con moito que ver e que sentir.

Trasn@s veteran@s, trasn@s nov@s, trasn@s pequen@s, o que enchía de satisfacción ao mesmo Traski, que confía en que esta 4ª edición estea servindo para afianzar este recurso turístico magnífico, e en deixallr o futuro encamiñado.

Os veciños saudaban con alegría á marea de trasnos que pasaban por diante das casas de Arou e Santa Mariña, antes de subir á atoparse de bruces coa natureza máis auténtica. A duna do Monte Branco e o Trece conforman unha das paisaxes máis espectaculares desta Costa da Morte. Desta volta, a praia do Trece estaba inusualmente tranquila.

Parada no Cemiterio dos Ingleses a falar de novo con Rafael Lema, que acode encantado á chamada dos trasnos, para contar historias de naufraxios, concretamente a do Serpent e a negra historia desta Punta Boi.

Desde alí, o paseo levounos polas Praias de Reira, coa súa pedra do Oso e o ascenso ao monte Pedroso para alcanzar o majestuoso Faro Vilán.

Trasnos no Vilan

Como queren no Faro Vilán a estes trasnos. Xa tiñan todo preparado, cunha nova sala-museo a estrear nesta ocasión, a torreira Cristina Fernández, que falou ademais con sabedoría e entusiasmo, a súa filla Cristina, Sabela da Asociación de Empresarios e Mariví de Neria, recibiron a visita cos brazos abertos, con varios vídeos espectaculares e cuns ricos petiscos. Dous exemplos, o Camiño dos Faros e a dinamización do Faro Vilán, que representan dúas das máis importantes accións turísticas da Costa da Morte.

Aínda quedaban un par de horas de camiñada, pola senda da Coenza ata a Ermida da Virxe do Monte para contemplar a posta de sol e ver cos seus propios ollos as próximas etapas do camiño. Á chegada á Camariñas, o Curbeiro e o Meu Lar que os recibiron tamén cuns ricos petiscos, para escoitas historias dos entusiamados trasnos, que están a facer historia con este Camiño dos Faros.

Máis información

Novas relacionadas

O Camiño dos Faros por etapas

Fonte

Comentarios