Mércores. 03.03.2021
El tiempo

O Obradoiro de Emprego de Camariñas, Muxia e Vimianzo segue formando e empregando

Obradoiro de Emprego Camarinas Casa de Pedra
O Obradoiro de Emprego de Camariñas, Muxia e Vimianzo segue formando e empregando

Segue en marcha o Obradoiro de Emprego de Camariñas, Vimianzo e Muxía. Un Obradoiro que está servindo, ademais de dar unha profesión a 16 [email protected] da comarca, cun soldo, para renovar unha instalación municipal como é a Casa de Pedra de Camariñas.

Así o comprobou onte a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, que valorou o "bo traballo realizado ata o de agora" e felicitou ao tanto ao alumnado como ao seu monitor.

Os rapaces e rapazas participantes no módulo de ‘Instalación de elementos de carpintería’ xa remataron a renovación do chan e instalaron varios armarios e estanterías. A actuación no interior está practicamente rematada, só queda por colocar máis mobiliario, polo que os servizos municipais habituais xa se retomaron na Casa de Pedra. As obras que se levarán a cabo no exterior do edificio quedarán pendentes ata que faga bo tempo.

Novas relacionadas

comentarios