Sábado. 07.12.2019
El tiempo

Os alumnos do IES Pedra da Aguia levan ao Parlamento Xove a problema do alcol na mocidade

Os alumnos do IES Pedra da Aguia levan ao Parlamento Xove a problema do alcol na mocidade
Xove-Parlamentarios do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto Xove-Parlamentarios do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto

Se os alumnos do IES Pasrga Pondal de Carballo son especialistas en debate, pola comarca de Soneira temos grandes coñecedores do mundo do Parlamento Europeo. Os membros do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto seguen participando no proxecto Parlamento Xove, e despois de recibir a visita de tres exparlamentarios, tocaba expoñer o aprendido.

Así a pasada fin de semana participaban nas instalacións da Universidade Laboral, en Culleredo, na fase clasificatoria deste programa de debates organizado pola Xunta de Galicia para [email protected] de 3º e 4º da ESO, no que interviron un total de 22 centros galegos.

O tema a debatir era se influiría no consumo de alcol un cambio na idade legal para consumilo. Por parte do Instituto camariñán interviron dous rapaces e dúas rapazas de 4º da ESO que xa tiñan a experiencia do ano pasado. Se entón o sorteo deparou que se defenderan nos tres debates a postura en contra, na edición deste ano tocou defender tamén nos tres debates a postura a favor, é dicir aquela segundo a cal un cambio na idade legal (18) do consumo de alcol SÍ inflúe no consumo do mesmo.

Mónica e Gabriel, como oradores, e Sol e Lucas, como investigadores, tentaron convencer con argumentos sólidos ao xurado e ao numeroso público asistente a postura que defendían.

A vitoria no primeiro debate provocou certa relaxación no segundo, onde os nervios xogaron unha mala pasada. Recuperados dese trance, o terceiro resultou moi brillante a dicir do xurado, e aínda que non se gañou pola fortaleza doutro rival, un dos favoritos ao torneo, obtívose una puntuación moi alta e quedou un bo sabor de boca, para continuar con este programa en vindeiros anos.

Aínda que sempre se quere gañar, o obxectivo deste tipo de programas é incrementar as destrezas orais dos alumnos e debatir argumentalmente sobre temas de grande actualidade para os [email protected]

Novas relacionadas Fonte

Comentarios