Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os artesáns de Aspadex dinamizan o Faro Vilán

Os artesáns de Aspadex dinamizan o Faro Vilán
Artesans de Aspadex no Faro Vilan

Durante a mañá do martes día 23 de xullo, seis usuarios da asociación Aspadex, adicada a inclusión de persoas con discapacidade intelectual, estiveron no Faro Vilán de Camariñas facendo traballos artesanais de encuadernación, cosendo bolsos e cinturóns de coiro e pel, aneis de coiro, ademais de ter en exposición outros traballos que realizan, xunto con detalles da asociación Íntegro e Cáritas na pequena tenda de recordos que xestiona a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas.

A iniciativa parte dos empresarios camariñáns no seu desexo de dinamizar o faro Vilán como epicentro cultura. De feito, ademais destas demostracións en vivo (xa vimos tamén aos a href="/articulo/cultura/unha-tarde-en-camarinas-cos-artesans-e-regatistas-de-integro/20130705071516073259.html">usuarios de ïntegro) cómpre lembrar que se pode visitar gratuitamente a exposición de pinturas e de maquetas de pedra que estarán na sala de exposición do Faro Vilán ata o 1 de setembro (aberto todos os días de 11:00 a 14:00 e de 15:30 a 21:00)

Artesans de Aspadex no Faro Vilan

Novas relacionadas

Fonte

  • Empresarios de Camariñas.

Comentarios