Martes. 23.04.2024
El tiempo

Os empresarios de Camariñas piden máis vixianza policial ante a vaga de roubos

Os empresarios de Camariñas piden máis vixianza policial ante a vaga de roubos
A vaga de roubos que están a sufrir nos últimos días varios establecementos da Costa da Morte está a provocar unha alarma social. Os últimos asaltos tiveron nos últimos días nas localidades de Camariñas e Vimianzo onde os asaltantes actuaron con violencia segundo relatan algúns veciños. Así, dende a asociación de empresarios e de promoción turística de Camariñas expresan o seu apoio a todos os comercios afectados e esixenlle ás administracións pertinentes que "incrementen os seus esforzos para manter a seguridade na zona e que se tomen medidas urxentes ante os últimos roubos e actos vandálicos que se están sufrindo". Os últimos locais afectados foron o bar Central de A Ponte do Porto, e o restaurante Santos, casa Vázquez e o restaurante Hilton de Vimianzo. Ao parecer, en todos os casos, tres os individuos entraban nos locais logo de forzar a porta de acceso cunha gran violencia. Unha vez dentro o seu obxectivo foron as máquinas tragaperras e as rexistradoras. Xunta local de seguridade Pola súa banda, ante a situación, os alcaldes de Vimianzo, Camariñas, Muxía, e outros concellosda bisbarra, acaban de solicitarlle á Subdelegación do Goberno a convocatoria conxunta urxente da Xunta Local de Seguridade. Os rexedores piden esta xuntanza urxente para abordar esta situación de inseguridade cidadá producida tras a vaga de roubos con estragos a distintos establecementos nos últimos días. O alcalde de Vimianzo tamén solicitou a colaboración voluntaria da Policía Local para establecer un dispositivo de vixiancia e control durante a noite estes días.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios