Venres. 15.11.2019
El tiempo

Os recortes unen ás protestas nun único berro

Os recortes unen ás protestas nun único berro
Manifestación do 19J na Coruña ao unísono

Bandeiras dos Sindicatos da Policía ao carón de bandeiras ca hoz e o martelo. Escenas coma estas había moitos anos que non se vía, e onte, as cidades do país acolleron históricas manifestacións. 80 cidades de toda España berraron ao unínoso "Non aos recortes", sendo, por unha vez, Galicia, das destacadas.

Por unha vez vimos as pancartas dos sindicatos de funcionarios, o CSIF, e por unha vez os sindicatos nacionalistas non decidiron marchar nunha ruta alternativa á protesta principal. Parece que o tirón dos sindicatos segue sendo importante, e as manifestacións de onte así o rubrican.

Os sindicatos valoran que en Galicia puido haber 350.000 na rúa na tarde noite deste #19J, sendo a concentración viguesa a máis multitudinaria superando os 100.000 asistentes. Na Coruña pasaron dos 60.000 mentres que en Santiago cifraron en 15.000 as persoas que saíron a berrar contra os recortes.

Pola súa banda o baile de cifras é tal entre sindicatos e policía que se escoitan que en Madrid puideron haber 800.000 ou 80.000 persoas, mentres que en Barcelono 400.000 ou 40.000. Como é posible?

Concentración de empregados públicos en Camariñas e Cee

Na Costa da Morte houbo algún conato de manifestación. Vimos concentracións, en horario laboral, do persoal público do Concello de Camariñas (traballadores dos Centros de Saúde, Distrito Marítimo, Instituto Social da Marina, Concello de Camariñas, Escolas Infantís, Xulgado e Correos). Tamén dos traballadores do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, que deron a volta ao centro hospitalario en sinal de protesta.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios