Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os veciños de Camariñas esixen conexións do transporte colectivo con Cee, Coruña e Santiago

Os veciños de Camariñas esixen conexións do transporte colectivo con Cee, Coruña e Santiago
Vecinas de Camarinas entregaron firmas polo servizo de transporte Veciñas de Camariñas entregaron na Consellería 1300 firmas polo servizo de transporte colectivo

Un par de liñas que conectan Camariñas e Cee ao día con Monbús; unha soa liña (ás 6:30h da mañá os días laborables) coa Coruña (e un de volta os domingos) con Vázquez; e pouco máis. Así está o precario servizo de transporte colectivo (o de público onde quedaría) na vila do Encaixe.

Así o sofren os veciños da vila, que comprometidos, conseguiron reunir 1.300 firmas que entregaron a pasada mañá de venres na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte para reclamar un mellor servizo nas líñas de autobús público nesta localidade. No escrito entregado demandan que se cumpra co expediente de reestructuración levado a cabo polas empresas Monbús, Autos Vázquez e Aucasa (Arriva trala compra da empresa carballesa), trala segregación dos servisod e Arriva en 2007 e que se faga cumprir a Lei de Transportes de Galicia aprobada en 2013.

“Que podamos ter un servizo acorde coas necesidades das citas ao hospital comarca Virxe daXunqueira, así como unha liña ás cidades de Santiago e A Coruña”, reclaman os afectados. Os veciños de Camariñas levan tempo demandando unha mellora deste servizo, xa que é moi complicado desprazarse ata outros lugares da comarca e ata as cidades debido á escaseza de liñas.

Novas relacionadas

Comentarios