Palilleiras de Camariñas participan na mostra internacional do encaixe de Peniche
08:08 15/07/16
Unha delegación de palilleiras de Camariñas participarán entre os días 22 e 24 de xullo na mostra internacional do encaixe que se celebra en Peniche - Portugal -. Ademais de expoñer os seus traballos, promocionarán o municipio como destino turístico e darán a coñecer a Mostra do Encaixe de Camariñas.
Manuel Valeriano Alonso, alcalde de Camariñas, encabezará a delegación. Acompañarano dúas palilleiras representantes das asociación Rendas e As Puntillas que farán demostracións en vivo. Para o día 22 está previsto un encontro entre as delegacións de Camariñas, Peniche e Novedrate - Italia -, tres municipios irmandados polo encaixe. Na mostra está previsto que participen trinta delegacións internacionais.
Por outra parte, unha representación do concello de Camariñas tamén acudirá no mes de setembro á feira do encaixe que se celebra anualmente en Novedrato, concretamente do 4 ao 11 de setembro. Días máis tarde, do 29 de setembro ao 1 de outubro, desprazaranse a México para asistir á nova edición de Termatalia.
"É fundamental asistir a este tipo de eventos para a promoción das puntillas de Camariñas en todo o mundo xunto cos demais atractivos do municipio", asegura Sandra Ínsua - concelleira da Mostra do Encaixe -.
Novas relacionadas
- De Camariñas a Los Ángeles pasando por Vigo
- Mostra 2016: A Mostra do Encaixe, o Faro que alumea a comarca
- Mostra 2016: A Mostra do Encaixe abre as súas portas
- Mostra 2016: Camariñas pon en marcha a Mostra do Encaixe
- Mostra 2016: Oito blogueiros participan na XXVI Mostra do Encaixe de Camariñas
- Mostra 2016: Unha caramiña en forma de boneca é a mascota oficial da Mostra do Encaixe
- Mostra 2016: A Mostra do Encaixe expándese a Vigo
- Mostra 2016: Catorce países participan na Mostra do Encaixe coa estrea de Arxentina
- En marcha a Mostra do Encaixe, o motor económico da comarca
- Rosa Mouzo: “As mulleres de Camariñas levamos o encaixe na pel”.
- O encaixe de Camariñas chega ao Parlamento de Galicia
- Atopan a que podería ser a peza de encaixe máis antiga que se coñece na Costa
- Mostra 2015: A Mostra do Encaixe bate marcas con máis de 23.000 visitantes
- Mostra 2015: Comezo reivindicativo dos 25 anos de Mostra de Encaixe.
- Mostra 2015: A moda, a gran protagonista dos 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Teddy Vilán, a primeira mascota da Mostra do Encaixe.
- O Encaixe de Camariñas, o que máis triunfa na FITUR.
- Un corazón para celebrar os 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Mostra 2014: A Mostra do Encaixe segue crecendo tras recibir a máis de 20.000 persoas.
- Mostra 2013: O Encaixe continúa sumerxíndose no século XXI.
- Mostra 2012: 17.000 visitantes fan do Encaixe un produto de moda a pesar dos recortes.
- Mostra 2011: Camariñas pon a tradición de moda.
- A Mostra de Encaixe, unha de Festas de Interese Turístico na Costa da Morte.
- Redacción QPC ([email protected])