Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Paula Esteiro, Damián Espasandín e tres costeiros máis demostran o noso potencial no Campionato do Mundo de Carreiras de Obstáculos

Paula Esteiro, Damián Espasandín e tres costeiros máis demostran o noso potencial no Campionato do Mundo de Carreiras de Obstáculos
Paula Esteiro e Damian Espasandin no Mundial OCR de Londeres Paula Esteiro e Damián Espasandin no Mundial OCR de Londres Quinteto costeiro os Campionatos do Mundo de Carreiras de Obstáculos. O vimiancés Damián Espasandín, a camariñá Paula Esteiro, o muxián Javi Barrientos, o ceense Valentín Amigo  o vimiancés Javier Pérez Blanco estiveron en Londres dando conta do potencial da Costa da Morte neste novo e esixente deporte, nunha cita onde estaban os mellores racers do planeta. ”Unha experiencia xenial”, cóntanos o propio Damián. “Volvemos a casa con moi boas sensacions, competimos moi ben e demos a talla ante tal cantidade de corredores de tantos países diferentes”. Estiveron ademais arroupados por unha comprometida familia do Conco Box que apoio aos nosos atletas en todo momento. Damian Espasandin exhausto en plena carrera de obstaculos no Mundial OCR de Londeres Damian Espasandin exhausto en plena carrera de obstaculos no Mundial OCR de Londres E a verdade é que os resultados dos nosos foron fantásticos. O propio Damián quedaba nada menos que 6º na pobra de 3km na categoría 30-39 anos, tras unha carreira moi rápida, na que tivo problemas de comunicación cos xuíces (“que manía de non falar galego…”, bromea). Na proba longa, de 15km e 100 obstáculos, celebrada o día anterior á curta, Damián quedou 20º do mundo (categoría 30-34 anos). Saíu forte e intentou manterse no grupo de cabeza ata que rebentou e chegou desfondado. Pero conseguiu recuperar para conseguir unha gran posición na proba rápida. Damian Espasandin no Mundial OCR de Londres Damian Espasandin no Mundial OCR de Londres Paula Esteiro en plena carreira de obstáculos no Mundial OCR de Londres Paula Esteiro en plena carreira de obstáculos no Mundial OCR de Londres Pola súa parte, Paula Esteiro conseguía dous postos 21º, tanto en 3k como en 13km, ao que hai que sumar nada menos que un 6º posto por equipos na categoría “Pro-Female 3K”. https://www.facebook.com/paula.era.3/videos/2313030915599839/?t=14 Paula Esteiro no Mundial OCR de Londres Paula Esteiro no Mundial OCR de Londres Tamén competiu Damián cun equipo mixto na Pro Team Relay, xunto con Natalia Gurchenkova e Jsús Montoto, chegando nada menos que no 13º posto. Javi Barrientos no Mundial OCR de Londeres Javi Barrientos no Mundial OCR de Londres Pola súa banda o muxián Javi Barrientos, tamén membro da familia DaFIT, despois de deixar a pel nas carreiras nacionais, puido gozar da proba mundial, chegando no posto 11º da súa categoría, na carreira de élite de 15km 100 obstáculos. Ademais Javier Pérez fixo o posto 137º en categoría 35-39, e Valentín Amigo o 152º en categoría 30-34 anos. Valentin Amigo nos Campionatos do Mundo de Carreiras de Obstaculos de Londres Valentin Amigo nos Campionatos do Mundo de Carreiras de Obstaculos de Londres Javier Perez Blanco nos nos Campionatos do Mundo de Carreiras de Obstaculos de Londres Javier Perez Blanco nos nos Campionatos do Mundo de Carreiras de Obstaculos de Londres

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/fin-de-semana-heroico-para-damian-paula-e-os-equipos-do-concobox/

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios