Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A pesca centra a atención dos turistas que participaron nas visitas guiadas por Camariñas

A pesca centra a atención dos turistas que participaron nas visitas guiadas por Camariñas

A pasada fin de semana desenvolvéronse en Camariñas unhas visitas guiadas polos puntos máis singulares da vila mariñeira. A pesar do mal tempo nalgunha das xornadas, participaron tanto veciños e veciñas de Camariñas como chegados de todas partes de Galicia. Foron 5 saídas que tiñan un tope de 10 persoas, e que tivo moi boa acollida, a pesar do mal tempo que houbo.

O que máis lles interesou ós visitantes foi todo o relacionado co sector pesqueiro: a organización do sector na actualidade, as especies capturadas, o persoal que emprega (tanto en pesca, como conserveira ou acuicultura), de onde proceden os barcos, a cuestión das cuotas de pesca, etc.

Tamén lles chamou a atención o cultivo do mexillón con sistema long-line que se utiliza en Camariñas (as cordas suspéndense en boias en lugar de en bateas).

Como non podia ser doutro xeito, a tradición do encaixe tamén foi protagonusta e os visitantes preguntaron pola demanda que tiña na actualidade e se había relevo xeneracional (que o concello intenta preservar coa Escola de palillo), así como polos naufraxios ou o antigo castelo e os cambios na fisionomía da vila.

Comentarios