Martes. 11.05.2021
El tiempo

Piden de novo repoñer o firme da pista de Reira con ‘suelo-cemento’

Imaxe da pista de reira tralo ultimo rebacheo
Imaxe da pista de Reira tralo último rebacheo
Piden de novo repoñer o firme da pista de Reira con ‘suelo-cemento’

Un ano máis, o Concello de Camariñas pediulle á Consellería de Medio Ambiente un proxecto para repoñer o firme da pista de Reira con pavimento de ‘suelo-cemento’. Xa o fixo en 2019, trala desfeita provocada por un temporal. Agora, despois do paso da borrasca Karim, o fermoso camiño (parte do Camiño dos Faros, ademais) volve estar en moi mal estado.

“É urxente atopar unha solución definitiva para a pista de Reira xa que é unha vía de moita afluencia que se levanta con cada temporal e ocasiónanos importantes gastos ano tras ano”, explicou a alcaldesa, que quere conseguir as autorizacións necesarias.

Insua e o primeiro tenente de alcalde, Sergio Caamaño, presentaron onte na Consellería de Medio Ambiente o proxecto de reposición, nunha reunión coa directora xeral de Patrimonio Natural, Belén Docampo, que se comprometeu a trasladalo aos técnicos e á propia conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, para que avalíen a idoneidade da acción proposta e, posteriormente, estudar a formalización dun convenio entre as dúas administracións que permita financiala.

Socavón pista reira Camarinas
Así quedou, por exemplo, tralo temporal de 2019

Novas relacionadas

comentarios