Mércores. 23.09.2020
El tiempo

Pioneiras que mudan o mundo xuntáronse en Camariñas

Pioneiras que mudan o mundo xuntáronse en Camariñas

A escritora María Xosé Queizán; Silvia Viqueira de Xornalistas Galegas; a árbitra de fútbol internacional, Zulema González; a armadora e mariscadora, Jaqueline Liste; e a activista feminista, Rosa Gómez Limia, foron as protagonistas do interesante debate que acollía esta fin de semana o Museo do Encaixe de Camariñas co gallo do 8M. "Pioneiras, mulleres mudando o mundo" era o título da mesa, moderada pola ex Secretaria de Estado de Igualdade, Laura Seara; e pola concelleira e ex deputada no Parlamento de Galicia, Encarna Liñeiro.

Houbo unha gran resposta por parte da sociedade, que acodiu a escoitar a estas bravas mulleres.

Gran acollida as Mulleres Pioneiras de Camarinas

A propia Laura Seara recoñecía que "foi unha mesa que tivo dúas almas: por unha banda, a da visibilización. Por outra, a da valorización. As nosas reflexións animaron ás demais mulleres presentes, que foron moitas, a aportar as súas vivencias e a compartir con nós un debate moi activo".
A ex Secretaria de Estado de Igualdade destacaba tamén que "agora temos unha axenda pendente sobre varias cuestións que se puxeron agora sobre a mesa, e que deberán ter resposta a nivel de Estado, como é a conciliación", destacaba Seara. "Camariñas é coñecida por moitas cousas, e un elemento vertebrador da súa sociedade está feminizado ao 100%. As mulleres teñen un protagonismo fundamental nesta vila mariñeira", concluía.

 

Novas 8M

comentarios