Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Praza de San Xurxo sufrirá unha completa remodelación

Reordenacion da Praza de SAn Xurxo de Camarinas
Plano da reordenación da Praza de San Xurxo de Camariñas
A Praza de San Xurxo sufrirá unha completa remodelación

Nas vindeiras semanas comezarán as obras de reordenación e acondicionamento da Praza de San Xurxo. A obra vén de ser adxudicada por un montante de 214.490,17 euros e permitirá gañar espazo para os peóns á vez que se mellora a accesibilidade e os servizos.

Os traballos consistirán na creación de zonas peonís que contarán cun pavimento enlousado de pedra granítica e estarán separadas da calzada por un bordo. Tamén se humanizará o espazo coa instalación de luminarias, mobiliario urbano e árbores. Todas estas obras garantirán a accesibilidade, eliminando as barreiras arquitectónicas que agora si existen.

 

O proxecto inclúe a creación dun parque infantil e a renovación da rede de augas fecais existente, instalando unha canalización para a recollida e evacuación de pluviais.

Comentarios