Martes. 23.04.2024
El tiempo

Primeira batalla gañada pola mobilización social

Primeira batalla gañada pola mobilización social
concentracion-en-ferroatlantica-foto-rafa-quintans Unha das últimas concentracións diarias ás portas do Concello de Cee-Foto-Rafa Quintáns
  • Última hora: O Comité vén de saír da reunión reunión co Conselleiro de Industria celebrada este luns ás 13:00h. "Confirmounos a postura de garantizar os termos das concesións e da non segregación, e que a Xunta velará polos postos de traballo posicionándose do noso lado nesta loita. Nós pedimoslle ,que o igual que faremos nós, lle esixa a empresa que desista na intención da venda dunha vez por todas", explican dende o Comité.

Como se soe dicir en termos bélicos, non foi a guerra, pero si a primeira batalla. E gañámola nós, todos nós. Toda a cidadanía comprometida da Costa da Morte que saímos á rúa a berrar polo noso futuro.

O Comité de Ferroatlántica anunciaba o pasado sábado o final do seu encerro no Concello. Fíxoo despois de que Feijoo se comprometese a traballar xunto alcaldes e traballadores para evitar a diabólica segregación das actividades de produción enerxética e de ferroaliaxes, e á espera da reunión que o Comité ten hoxe luns 27 de novembro co Conselleiro de Industria.

Iso non remata aquí, e para moitos isto só é un paso dun guión establecido, así que cómpre estar moi pendentes do asunto. O 25% do PIB da comarca depende de nós.

A pesar dos intentos por silenciar o asunto polos grandes medios, o gran traballo de concienciación dende o núcleo do Comité permitiu que a trascendencia que podería traer a venda das centrais hidroeléctricas do Grupo Villar Mir chegase á poboación. Así, tras unha semana de peche, os traballadores volven as súas casas esperando que a administración autonómica cumpra a súa palabra e faga valer a vinculación entre as actividades da empresa para asegurar así os 400 postos de traballo e os centos de indirectos que hai na zona gracias ás fábricas.

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios