Xoves. 25.04.2024
El tiempo

QPC cos Autobuses da Costa da Morte

QPC cos Autobuses da Costa da Morte
Da precariedade dos servizo de transporte colectivo da Costa da Morte non fai falla falar. Ademais da escaseza de oferta horaria, o alto custe do billete e o interminable da viaxe, a falta de información fai imposible depender do autobús na bisbarra. Pero ademais dos veciños, os visitantes, turistas e peregrinos, pasan verdadeiras calumnias para entender os disgregados horarios das 3 liñas concesionarias do servizo. Así, o segundo punto máis visitado de toda Galicia, o Cabo Fisterra, fica moi lonxano para os visitantes. Dende o diario dixital Quepasanacosta.com levamos 3 anos traballando para mellorar a accesibilidade á información dos horarios de autobuses. Ademais ser o único espazo online onde se poden atopar todos os horarios dos autobuses da Costa da Morte, o equipo da empresa corcubionesa Galinus, realizou un cartel cos horarios integrados de toda a bisbarra.

Un cartel por toda a Costa

Unha das medidas que está artellando os equipos de Quepasanacosta e Galinus é a creación dun cartel para as paradas de bus, os puntos de información turística, e diferentes establecimentos hostaleiros de toda a bisbarra. Gracias ao patrocinio de Hotel Insua de Cee, do Albergue O Camiño das Estrelas e www.todocostadamorte.com, este cartel pode chegar a todas parroquias da bisbarra. Para difundir os horarios raremos unha ruta repartindo os carteis dende Carnota ata Camariñas, pasando por Fisterra, Corcubión, Cee, Carnota, Muxía, Vimianzo e Zas. As liñas que unen as nosas vilas con Santiago e con A Coruña tamén estarán cubertas. Temos recibido na primeira xornada de carteis moitas felicitacións. "Ostras, pois hoxe mesmo xa me preguntaron por eles" ou "E tedes que vir os de quepasanacosta para botar os horarios...". Pero tamén algunha queixa dende o norte da bisbarra. Pero é que non nos foi posible introducir os horarios de Laxe, Cabana, Ponteceso e Malpica no cartel.

Como adquirir un cartel

A unidade móbil de QPC percorreu na tarde de onte os concellos de Carnota, Muros, Corcubión e Fisterra. Seguirá en marcha pero é seguro que non vai chegar a todas as casas ou establecimentos. Por iso tamén ofrecemos a posibilidade de adquirir un cartel, para o que vos instamos a que contactedes con nós en [email protected] ou 637 704 893 e volos faremos chegar. Igualmente podedes descargar e imprimir o cartel pinchando en:

Descargar cartel

Tamén na redeImage

O traballo continúa, por suposto, a través de internet. A través do espazo www.busescostadamorte.com pódense atopar os horarios integrados das 3 compañías correspondentes aos concellos da bisabrra. Horarios das liñas que unen as principais vilas da provincia, A Coruña e Santiago de Compostela, coas vilas da Costa da Morte. Así como os escasos horarios das vilas costeiras entre si. E no Facebook tamén poden buscar por Autobuses Costa da Morte, e dende aí poderán seguir todas as novidades dos horarios. E non marchamos sen agradecer o patrocinio dun deses hostaleiros que se preocupa polo seu entorno. O Hotel Insua de Cee, e con el o Albergue O Camiño das Estrelas e www.todocostadamorte.com aposta por coidar ao visitante, e aposta por unha mellora no servizo de transporte colectivo.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Máis novas

  • De pé e con trasbordo dende Coruña a Malpica .
  • Neria faculta a Vigo para cargar legalmente contra Monbús.
  • Marisol Piñeiro fala da implicación dos alcaldes co transporte público.
  • Están implicados os concellos na loita polo transporte colectivo? (II).
  • 75 euros e 15 horas de Galicia a Madrid en autobús.
  • "Os verdadeiros responsables do catastrófico servizo de transporte son os políticos".
  • Fonte

    • Redacción de QPC ( [email protected]Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
    [

    Comentarios