Venres. 20.09.2019
El tiempo

Recuperando o Castelo do Soberano

Recuperando o Castelo do Soberano

Aí está, o Castelo do Soberano, ou máis ben as súas ruínas, controlando as entradas na ría de Camariñas dos barcos piratas. Ese Castelo do século XVIII, construído por orde de Carlos III e que pertenceu á familia Álvarez-Pardiñas, antes de pasar a mans da familia de Juan José González Soto, actual dono dos terreos do Castelo e dono do Restaurante Puerto Arnela.

González Soto vén de contratar unha empresa de arqueoloxía, baixo superivisón de Patrimonio da Xunta, para facer unhas catas arqueolóxicas na fortaleza. I é que o camariñán pretende facer unha reconstrución de parte do Castelo para aproveitamento turístico.
Durante as catas realizadas durante este verán atopáronse restos do polvorín, parte do foxo...

Soto propuxera ao Concello a cesión do Castelo ao Concello a cambio da permuta da ficha urbanística duns terreos ao carón do mesmo, nos que Soto pretendía construir un negocio de hostelería. Ante a negativa do Concello, pretende reconstruir o Castelo para que recupere a súa identidade.

"Queda moito por facer", reflexiona o propio dono.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios