Venres. 22.01.2021
El tiempo

Rematadas as obras de mellora dos accesos do paseo marítimo de Camelle

A alcaldesa, Sandra Insua; o concelleiro de Obras, Sergio Caamaño e a concelleira Begoña Tajes acudiron onte ao acto de recepción das obras

Remataron xa as obras de mellora dos accesos do paseo marítimo de Camelle, que contaron cun orzamento total de 68.232,43 euros.

Os traballos incluíron a rehabilitación e renovación dun tramo da rúa Campo de Area, que dá acceso ao paseo marítimo, dentro do núcleo urbano de Camelle. Renovouse a rede de saneamento, construíuse unha nova rede de pluviais, e tamén novas acometidas de saneamento, pluviais e abastecemento de auga. 

Dentro deste proxecto levouse a cabo a urbanización da rúa anteriormente mencionada, a de Campo de Area, co obxectivo aumentar a seguridade dos peóns e acondicionala para persoas con mobilidade reducida.

comentarios