venres. 06.12.2024
El tiempo

Sara Vieites, a estrella Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte

Sara Vieites, a estrella Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte
Sara Vieites a estrella do Circuito Correndo pola Costa da Morte Sara Vieites, a estrella do Circuito Correndo pola Costa da Morte

Serán 10 as citas do 3º Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte. Mazaricos únese ao Circuito para o vindeiro 2016.

Será unha das novidadas que se anunciarán na Gala de entrega dos premios aos gañadores nas distintas categorías da 2ª Edición do Circuíto, da man do Club Deportivo Costa da Morte e os Concellos de Vimianzo, Cee, Fisterra, Corcubión, Dumbría, Zas, Carnota, Camariñas, Mazaricos e Muxía. A cita, este venres 11 de decembro, terá lugar no Salón do Voluntariado do Edificio de Usos Múltiples do Concello de Muxía.

No acto, que estará presentado por Xusto López Carril, muxián profesional das ondas que actualmente presenta o programa Aquí Galicia na Radio Galega, e que dará comezo ás 21:00 horas, entregaranse moitos premios, pero o máis emotivo será o Premio Especial Superación a Sara Vieites Ferreiro “pola súa forza de vontade, esforzo, ilusión e gañas de seguir loitando; polo seu sorriso e pola lección que nos da a todos cada vez que a vemos na liña de saída dunha carreira. Para nos sempre serás unha referencia”.

Unha Sara que vén de disfrutrar unha xornada en Abegondo, coñecendo a toda a familia do Deportivo, o seu equipo de corazón. Moito aprenderon os xogadores branquiazuis da coraxe desta pequena costeira.

A pequena ceense Sara con Arribas e Alex Bergantinos en Abegondo A pequena ceense Sara con Arribas e Alex Bergantiños en Abegondo

Habeá máis premios, como o que recibirá o Club de Atletismo Olimpia como Club Promotor de Base ou o que recibirá Vanesa Lafuente Varela como Atleta Destacada.

Novidades da 3ª edición

As novidades a destacar para a 3ª Edición do Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte son varias, como:

  • Os concellos que forman parte do Circuíto Correndo pola Costa da Morte renovarán a sinatura do convenio coa Xunta Provincial de A Coruña da Asociación Española Contra o Cancro, por medio do cal comprométense a destinar a recadación correspondente de todas as “Carreiras 5K Contra o Cancro” a esta asociación como axuda para a loita contra esta enfermidade.
  • Incorporación ao Circuíto da 1ª Carreira Pedestre Concello de Mazaricos.
  • Aumento do grupo de patrocinadores e colaboradores, quedando así constituido polos xa existentes Coca-Cola Iberian Partners, GADISA, Conservas Boya, Federación Galega de Atletismo, Ferroatlántica, La Voz de Galicia e Radio Voz e Club Deportivo Costa da Morte, e a nova incorporación, Reneymar.
  • Na vindeira edición levarán premio os tres primeiros clasificados de cada unha das categorías
  • Incorporaranse ao circuíto as categorías Base, agás pitufos.
  • Modificación dos dorsais, mellorando o material e incorporando na traseira o carné de saúde do atleta.
  • A carreira 5k pasará a ser 3k.

Calendario 2016

A Gala comezará ás 21:00 h. coa entrega de trofeos aos gañadores da segunda edición, para continuar coa presentación da terceira, que quedaría calendarizada da seguinte maneira:

  • 06-03-16 Camariñas (V Carreira pedestre Concello de Camariñas)
  • 24-04-16 Vimianzo (V Carreira Pedestre Concello de Vimianzo).
  • 08-05-16 Mazaricos (I Carreira Pedestre Concello de Mazaricos).
  • 28-05-16 Dumbría (II Carreira Pedestre Concello de Dumbría).
  • 04-06-16 Zas (III Carreira Pedestre Concello de Zas).
  • 25-06-16 Cee (III Carreira Pedestre Concello de Cee).
  • 10-07-16 Muxía (III Carreira Pedestre Concello de Muxía).
  • 21-08-16 Carnota (XXIV Carreira das Areas).
  • 17-9-16 Corcubión (XV Carreira Pedestre Vila de Corcubión).
  • 16-10-16 Fisterra (III Carreira Pedestre Concello de Fisterra).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios