Xoves. 25.04.2024
El tiempo

SOS-Monument premia a labor positiva da Fundación Man

SOS-Monument premia a labor positiva da Fundación Man
Foto de Man de Camelle

A realidade é que o o Museo de Man está case en coma. Pero o traballo de divulgacion da vida e obra do artista alemán parece merecer un premio. Así o considera a Asociación SOS-Monuments , que vén de recoñecer como “Admiración Positiva” a labor realizada por a Fundación Man de Camelle.

SOS-Monuments ten como finalidade a defensa e protección do patrimonio, entre a súas actividades, conta coa concesión anual de uns recoñecementos simbólicos que denominan “Admiraciones”.
Estas “Admiraciones” son concedidas a labor destacada na conservación do patrimonio, (Admiración Positiva), ou ben a mala defensa do patrimonio, (Admiración negativa).

Na carta enviada por Dona María-Cruz Santos, presidenta de SOS-Monumets a Fundación sinala:
Este año hemos tenido conocimiento de su fundación a través de dos de nuestros socios. Sus recomendaciones y la constatación que hemos hechos de su tarea, nos han llevado a concederles una “Admiración Positiva”. Estos reconocimientos son simbólicos y carecen de dotación económica.

A distinción foi recollida este sábado, 25 de xaneiro na cidade de Barcelona por Mercedes Martín. "Sen dubida esta distinción, é un recoñecemento o traballo feito ao longo de estes anos por a Fundación Man, e un empuxón de cara a nova etapa que se vai abrir na Fundación Man", destacan dende o padroado camariñán.

Mercedes Martin recolleu o premio de Sos-Monuments a Fundacion Man de Camelle

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios