Mércores. 20.11.2019
El tiempo

Técnicos e alcaldes xa teñen data para a Gala do Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte

Técnicos e alcaldes xa teñen data para a Gala do Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte
Tecnicos e Alcaldes do circuito Correndo pola Costa da Morte Tecnicos e Alcaldes do circuito Correndo pola Costa da Morte en Vimianzo

Moi positiva foi a valoración que os técnicos e alcaldes da comarca fixeron da V edición do Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte. Moi positiva é xa en si a unión dos concellos, a través dos seus comprometidos técnicos, para crear este circuito comarcal.

Nunha reunión celebrada hoxe en Vimianzo, representantes políticos e técnicos deportivos dos concellos de Camariñas, Vimianzo, Mazaricos, Dumbría, Zas, Cee, Muxía, Carnota, Corcubión e Fisterra, destacaron os datos de inscrición e participación, xa que ámbolos dous aumentaron con respecto a pasadas edicións.

Ademais, valoraron moi positivamente implantación da páxina web www.correndopolacostadamorte.com e da app, que permite aos atletas inscribirse e ver os seu resultados con maior facilidade.

De cara o ano que vén, acordaron que Circuíto 3K seguirá vinculado á AECC para a vindeira edición 2019, e decidiuse como data para a celebración da Gala o 14 de decembro no concello de Vimianzo.

Tecnicos e Alcaldes do circuito Correndo pola Costa da Morte Técnicos e Alcaldes do circuito Correndo pola Costa da Morte

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/alcaldes-e-tecnicos-deportivos-reconecen-o-exito-do-circuito-correndo-pola-costa-da-morte/

Comentarios