Domingo. 31.05.2020
El tiempo

Touriñán, Quilmas, Arou e o Cabo C volven esperar as piscifactorías

Touriñán, Quilmas, Arou e o Cabo C volven esperar as piscifactorías

Contabamos estes día como a a Xunta abre as portas ás piscifactorías en zonas protexidas coa nova reforma do Plan Director de Rede Natura. A primeira reacción chega do BNG, que como nos informa a parlamentaria europea Ana Miranda, veñen de presentar unha moción, a través dos seus compañeiros de grupo Verdes-ALE do Parlamento Europeo Oriol Junqueras e Raul Romeva.

Para o BNG e os Verdes, "O anuncio da instalación de grandes plantas de acuicultura industrial por parte do Goberno de Galicia en zonas protexidas prioritarias incluídas na Rede Natura 2000, é un dos exemplos europeos de incoherencia ecolóxica, xa que estas plantas poden afectar gravemente a diversas zonas costeiras protexidas".

I é que segundo Miranda, o novo Plano director da Xunta sobre a Rede Natura 2000, e deixa desprotexido un 75% do territorio protexido de Galicia.

As piscifactorías da Costa

Igualmente destaca que o novo Plano tamén toca á Costa da Morte, e os proxectos de acuicultura industrial en espazos protexidos.

Ademais da recuperación do proxecto da Piscifactoría de Touriñán, hai outros proxectos que poderían ser retomados en breve, pois o Plan deixa completamente a ampliación de industrias xa existentes :

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do BNG da man da parlamentaria europea Ana Miranda.

comentarios