Mércores. 19.06.2019
El tiempo

#SEMANASANTA

Tradición e moda maridan á perfección na Mostra do Encaixe

Deseños de Ana Cabranes na Mostra do Encaixe de edicions anteriores
Deseños de Ana Cabranes na Mostra do Encaixe de edicions anteriores
Tradición e moda maridan á perfección na Mostra do Encaixe

A lista de personalidades que estará este mércores 17 de abril, ás 17:00h en Camariñas, dan conta da entidade que está collendo a Mostra de Encaixe. A piques de cumprir 30 anos de historia, esta proposta de posta en valor dunha artesanía centenaria, é xa todo un referente da vangarda do mundo da moda. Durante cinco días a tradición, a moda e unha chea de actividades complementarias inundarán as rúas do municipio.

Dende o Delegado do Goberno, Javier Losada; á alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, pasando pola a Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro ou polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, non se perderán a cita.

Son varios os focos de atracción que ten o programa

Cómpre destacar a presencia de 10 firmas da categoría de ‘Grandes Deseñadores’ que se subirán ás pasarelas da Mostra para amosar as súas creacións con encaixe. Pero tamén será igual de relevante a presencia das ‘Delegacións de encaixeiras internacionais’ que este ano proceden de Bélxica, Bulgaria, Croacia, Estonia, Francia, Inglaterra, Italia, Japón, Polonia, Portugal, República Checa, Rusia e Suiza. Esta cita será domingo 21 ás 13 horas terá lugar o desfile das

Ademais, terá lugar tamén o XXVI Concurso de Jóvenes Diseñadores no que se repartirán un total de 4.500 euros en premios e participarán un total de 29 mozas e mozos que están a dar os primeiros pasos no mundo da moda. Son 15 escolas de moda as que participan, con deseñadores procedentes de toda Galicia, Portugal, Asturias, Barcelona, Sevilla, Granada, Baleares, Zaragoza, Alicante e Madrid.  

Un dos momentos máis agardados da Mostra son os desfiles do ‘Pequeencaixe’. As 50 nenas e nenos das Escolas Municipais crean o seu propio encaixe durante todo o curso para posteriormente deseñar os vestidos e desfilar na Mostra. Convértense en palilleiras, deseñadores e modelos. 

O mesmo ocorre no desfile de ‘Encaixeiras Senior de Camariñas’ que terá lugar o xoves 18 ás 12:30 horas e no que veciñas e veciños do municipio amosan ao público as creacións que fixeron durante todo o ano.

Música e "cine"

Este ano os asistentes poderán gozar da música de Guadi Galego (xoves 18 ás 19:15 despois dun dos desfiles de ‘Grandes Deseñadores’), da obra de teatro ‘Recreación das antigas palilladas’ (xoves 18 ás 17:15 horas e venres 19 ás 19:45 horas), do encontro entre grandes e noveis deseñadores (sábado 20 ás 20 horas), do IV Encontro de Corais no que participarán Abaladeiras de Muxía, Coral Polifónica Santa Cecilia de Coristanco e Coro Brisas do Mar presentado por José Luis Blanco (domingo 21 ás 11:15 horas).

O venres 19, ás 19:15, terá lugar a presentación oficial do spot turístico ‘Eu Son Camariñas’, do Concello de Camariñas e que está a xerar unha gran expectación na vila.

A clausura da XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas terá lugar o domingo 21 ás 20:30 horas e estará presentada por José Luis Blanco e Lucía Pérez.

Novas relacionadas

Comentarios