Sábado. 21.09.2019
El tiempo

Trasladadas a Autoridade Portuarias as queixas polo mal estado da carretera do faro Touriñan

Trasladadas a Autoridade Portuarias as queixas polo mal estado da carretera do faro Touriñan
ESTRADA-FARO-TOURINaN-Muxia Actual estado da estrada que vai até o faro Touriñán As portavoces do Partido Popular dos municipios de Cee e de Muxía - Zaira Rodríguez e Sandra Vilela - mantiveron onte unha reunión co presidente da Autoridade Portuaria - Enrique Losada - na que lle trasladaron a súa preocupación polo mal estado de conservación no que se atopa a estrada que permite o acceso ao faro Touriñán. Xa no pasado mes de outubro, a veciñanza de Nemiña organizou unha andaina para reivindicar o mal estado desta estrada. As populares aproveitaron o encontro para preguntarlle ao presidente da Autoridade Portuaria o punto no que se atopan os trámites para a execución dun proxecto que permita o arranxo dunha estrada que cualificaron de “fundamental” para a zona. “Estamos a falar dun asunto que vén de lonxe, que é moi importante para os nosos municipios e que non se acaba de atopar unha solución. Esperemos que esta reunión sirva para darlle un impulso”, explicaron as populares. reunion-pp-autoridad-portuaria Zaira Rodríguez e Sandra Vilela mantiveron onte unha reunión co presidente da Autoridade Portuaria, Enrique Losada Ante esta situación, e conscientes do importante tránsito que soporta esta estrada, debido ao peso turístico que o faro Touriñán ten na zona, Rodríguez e Vilela instaron á Autoridade Portuaria a buscar un acordo para que o problema non “caia en saco roto”. “Estamos convencidas de que con boa vontade seremos capaces de terminar con este problema. O presidente da Autoridade Portuaria mostrouse moi receptivo e espero que, máis pronto que tarde, teñamos boas noticias”, concluíu Rodríguez , quen cualificou de “moi positiva” a reunión.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios