Venres. 19.04.2024
El tiempo

A última rede de auga veciñal de Camariñas volve a mans municipais

Sandra Insua Reunión Ponte Do Porto sobre a auga
A última rede de auga veciñal de Camariñas volve a mans municipais

Este pasado domingo, a alcaldesa Sandra Insua mantivo unha reunión coa veciñanza da Ponte do Porto para tratar a situación do servizo de auga. Porque a Ponte do Porto era a única parroquia do Concello que aínda contaba con conexións a unha rede privada, a través da empresa ‘Aguas Vecinales de Ponte do Porto’, pero esta vén de comunicar que deixará de prestar servizo en setembro.

Dada a importancia da reunión, unhas 150 persoas achegáronse obrigando a facer a reunión no exterior do Centro Cultural.

Insua explicou que se ningunha asociación se quere facer cargo da captación, como viña facendo a familia De La Fuente, o Concello solicitara a súa concesión a Augas de Galicia. Pero que non haberá problemas para facer os cambios da auga de traída á municipal, pois a rede de saneamento xa se fixera hai 10 anos cun investimento de 1 millón de euros.

Captación

Insua explicou que “terá que acometerse unha importante obra para poder facer chegar a auga á ETAP e despois a todos os veciños. Isto suporá que, nun futuro, a auga do Concello chegará dos mellores mananciais da zona: o embalse do Pichón e o manancial da Ponte do Porto”.

Trámites para darse de alta

Os interesados deberán a acudir ao Concello cando desexen para darse de alta, co recibo do IBI e o DNI. No momento da alta cobrarase en total 144,82 euros, dos que 17,03 euros son polo abono ao servizo e 127,79 euros polos dereitos de acometida. Mensualmente, polo aluguer de contador, establecerase unha taxa de 1,71 euros que fará 30,78 euros ao remate do ano. O consumo pasarase a final de ano e a lectura do contador será sempre de maio a maio.

Novas relacionadas

A alcaldesa Sandra Insua debulla a actualidade de Camariñas nos #DirectosQPC.

O Pleno de Camariñas aprobou unha modificación do PXOM e ratificou o seu apoio ás Enfermeiras Eventuais en Loita.

Comentarios