Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un camariñán buscando o seu espazo na televisión estatal

Un camariñán buscando o seu espazo na televisión estatal
Juan Putz en Amar es para siempre Juan Putz en Amar es para siempre juan-putz-actor-de-camarinas-na-tve Juan Putz, é un actor noviño de Camariñas nado en Suiza

Sempre nos gusta seguir os pasos dos novos talentos costeiros. E desta volta toca irmos de Camariñas a Madrid, pasando por Suiza. A Suiza natal de Juan Putz, un mozo actor criado na vila do Encaixe que a día de hoxe reside en Madrid estudando un grado e tamén interpretación no Centro de Creación e Formación “AZarte”.

Xa ten saído, fugazmente na coñecida serie “Amar es para siempre” en Antena 3. E continúa dando os seus pequenos saltos na televisión estatal. Desta volta sairá o vindeiro luns 21 (ou martes 22), ás 18:30h na TVE, no episodio da serie “Centro médico”.

Un episodio moi especial para el, ademais. “O motivo que me fixo aceptar o episodio de “Centro médico” foi porque trata o tema do “buyilling” un tema que, desafortunadamente, vivin en primeira persona”.

Así de importante vai ser este salto para el, como foron estes primeiros pasos diante da cámara:

Juan Putz - Videobook from Juan Putz on Vimeo.

Novas cinematográficas

Fonte

Comentarios