Mércores. 11.12.2019
El tiempo

Un novo morto no mar de Camariñas

Un novo morto no mar de Camariñas

Non descansa o mar e esta noite do domingo 13 de novembro de 2011, cobrouse unha nova vida. O rapaz camariñán Germán Pasantes, de 23 anos, caía ao mar da gamela do seu pai, e o seu corpo era atopado pouco despois por varios veciños.

Ao parecer un golpe de mar enchiu de auga a gamela, e mentres ambos achicaban a auga, un novo toque fixo que o rapaz caese ao mar. O pai puido voltar a terra e dar a alarma, pero xa era tarde cando o corpo foi atopado un par de horas despois.

Quedan así anuladas todas as actividades municipais e electorais en Camariñas para estes dous días e o Concello ponse de luto.

Outros sucesos no mar

Fonte

Comentarios