Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un xeito diferente de comezalo curso

Un xeito diferente de comezalo curso
Hai xeitos e xeitos de comezalo curso, pero na Costa da Morte, ás veces a mellor maneira é saíndo da clase. Así o entenden as educadoras da Escoliña de Cee e mais os mestres do IES Pedra da Aguia, da Ponte do Porto, que propuxeron varias saídas para disfrutar do comezo do outono.

A primeira saída para moitos

Os peques da Escolina de Cee descubrindo o Outono Os peques da Escoliña de Cee descubrindo o Outono

Era a primeira excursión para moitos dos cativos da Escoliña de Cee, o que supuxo unha gran experiencia. Unhas 20 crianzas de entre 2 e 3, co fin das adaptacións e o inicio do outono, saíron a recoller castañas. Que ben o pasaron e cantas cousas descubriron.


Dende a Ponte do Porto a Touriñán

Alumnos e profesores percorreron a pé o treito que discurre entre cabo Touriñán e a praia de Nemiña Alumnos e profesores percorreron a pé o treito que discurre entre cabo Touriñán e a praia de Nemiña Un grupo de 150 alumnos do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto, acompañados pola agrupación de Protección Civil de Camariñas e do profesorado, inauguraron o curso dunha forma peculiar. Fixérono cun percorrido a pé polo treito que discurre entre o cabo Touriñán e a praia de Nemiña. Neste traxecto, duns 7 km e de dúas horas de duración,  alumnos e docentes desfrutaron da contorna e das súas paisaxes e compartiron experiencias deixando a un lado os contidos pedagóxicos das meterias do curso. Esta xornada de convivencia que tivo lugar a semana pasada, que se repite ano tras ano no mes de setembro, serve de pistoletazo de saída a un curso que, segundo indican dende o IES,  "se prevé prometedor". De feito, o Instituto obtivo a terceira mellor nota a nivel nacional para participar no programa de Rutas literarias, artísticas e científicas que convoca cada ano o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. E tan só dous centros de Galicia terán o honor de participar nelas. O destino elixido serán Madrid e Castela a Mancha, onde irán 24 alumnos de 2º da ESO a primeira semana de novembro. Fonte

Comentarios