Venres. 18.10.2019
El tiempo

Unha de candidatos en proceso xudicial

Unha de candidatos en proceso xudicial

Mellor estarían calados ou eliminando aos imputados de todas as listas. Pero prefiren manter aos candidatos con sombra xudicial nas súas propostas electorais e saír criticando con notas de prensa. Así están PP e PSOE, que en 3 días enviaron 2 notas de prensa por partido. E todo mentres os dous partidos están máis que salpicados:

  • Polo PP, 2 candidatos ás alcaldías da bisbarra están inmersos na trama da Operación Orquesta (os alcaldes de Fisterra e Mazaricos, José Manuel Trabal, e José Santos Maneiro, que se volven presentar como candidatos). Ademais, Alberto Blanco, candidato en Muxía, foi procesado por un xulgado do penal, e condenado por desobediencia (condena xa cumprida con arresto domiciliario) e se encontra agora mesmo imputado noutra causa por falsificación documental.
  • Polo PSOE o alcalde camariñán Manuel Valeriano Alonso vén de ser acusado de contratación indebida e o de Muxía, Félix Porto, ten enriba da mesa unha denuncia por furtivismo, segundo denuncia o PP. Porto ademais está imputado polo caso do Axente Electoral.

O argumento do PP quédase no "cumprimos estritamente coa legalidade ao non levar ningún membro da lista condenado por sentenza ou inhabilitado, tal e como recolle a Lei Electoral".

Pola súa banda o PSOE pide que o PP sexa contudente cos seus candidatos imputados e os retire das listas, conscientes de que o más probable é que volvab gañar. Responde o PP argumentando "debilidade poítica" por parte socialista por desprestixiar aos seus candidatos"...

Nesa liña, varios candidatos do PP pedían a semana pasada a dimisión de Vigo, pero ollo, non o facían, por orde de arriba, por estar imputado, senón pola suposta ilegalidade da súa consulta médica, pola cal debería ser imputado igualmente.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios