Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha Ruta para percorrer a Ruta do Solpor de Lema Suárez

Unha Ruta para percorrer a Ruta do Solpor de Lema Suárez
Ruta Costa do Solpor pola Costa da Morte

Contáronnos estes días que é se temos problemas para superar a primeira parte da novela Costa do Solpor, xa na 2ª edición, que non paremos, que despois da descrición dos grandes persoeiros ingleses, si que nos imos sentir tremendamente identificados, e que a lectura vainos engulir.

E para que a lectura sexa aínda máis nosa, podedes ter a man esta Ruta literaria "Costa do Solpor" que vén de publicar a web da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Recolle 60 fotografías dos escenarios naturais nos que se desenvolve a novela homónima e non ten perda, pois poderíamso facer unha fantástica e fermosísima ruta, cargada de historia, pola nosa Costa da Morte.

A Ruta Costa do Solpor en 12 paradas

A 1ª parte é a fundamental, pois transcorre polos principais escenarios da novela pola Costa da Morte, basicamente os concellos de Fisterra, Muxía e Camariñas, con breves incursións nos de Vimianzo e Cee. Trátase, polo tanto, dunha ruta para facer en autobús ou en coche particular, aínda que dentro dela hai tramos de poucos quilómetros para facer a pé.

O punto de partida é a vila de Vimianzo, co seu castelo medieval, e, a partir de aquí, unha viaxe con doce paradas recomendadas: a primeira paradas nas ruínas do pazo de Boallo (Berdoias), que tanto deron que falar estes días no concello vimiancés, pois na época en que esá ambientada a narración estaba habitado polo fidalgo Rodrigo Sancho de Leis e a súa familia, que son algúns dos personaxes reais da novela.
A 2ª, 3ª e 4ª paradas xa sería na vila de Fisterra e o seu cabo, pois na súa baía fora onde botara áncoras a Hispaniola para reparar os estragos dun temporal. A visita a Fisterra motiva a recitación de poesías de poetas fisterráns que inspiraron algunhas pasaxes (Móñica Góñez, A. Nerium…).
A 5ª parada sería en Corcubión, e a 6ª, 7ª, 8ª e 9ª no concello de Muxía, pois nel atópase boa parte dos escenarios principais: a casa do Crego Sabio, a furna da Buserana, a praia da Arnela, etc.
A 10ª, 11ª e 12ª paradas están no concello de Camariñas, lar nativo dos principais protagonistas galegos e onde transcorreron importantes acontecementos: o cabo Vilán, a costa norte do concello camariñán, o Monte Branco, as enseadas de Santa Mariña, A Ponte do porto, Camelle etc. Do cabo Vilán a Santa Mariña recoméndase que se faga a ruta a pé, pois nela atópanse as mellores paisaxes naturais desta ruta.

Tamén por fóra da Costa

A 2ª parte é para os lugares situados fóra da Costa da Morte, que en Galicia se remite á cidade vella da Coruña, coa Torre de Hércules. Fóra de Galicia (e de España), cítanse cidades portuarias do sur de Gran Bretaña (Bristol –de onde procedían os protagonistas ingleses-, Falmouth e Plymouth, principalmente), da Bretaña francesa (St.-Malo), de Portugal (Lisboa e O Porto) de África e do Brasil.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos de Lema Suárez en QPC

Fonte

Comentarios