Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unha semana de 17 Vitaminas para as Letras Galegas

Unha semana de 17 Vitaminas para as Letras Galegas

17 de maio, Día das letras Galegas, e a Costa da Morte e todo o país quere darlle Vitaminas ao galego en 17 linguas e dende 17 países, 17 concellos e 17 colexios. Esa é a idea dos xa 31 medios de comunicación que traballamos na nosa lingua, e que formamos parte da campaña Vitaminas para o galego.
Así, para este día senlleiro, #17Vitaminas pretende recoller ducias de vídeos recollendo a lectura do "manifesto vitamínico".

Así e todo, o día vai máis alá das vitaminas. Os Concellos e entidades sociais da bisbarra artellaron completos programas culturais, que podemos visitar un a un, nas novas relacionadas de abaixo.

Todo, no marco da homenaxe a Valentín Paz Andrade, este polifacético avogado, xornalista, poeta, viaxeiro... sempre vencellado á política.

17 Vitaminas na Costa da Morte

Non somos alleos na zona, pois son varios os concellos que inclúen a campaña nos seus programas. De feito, os Concellos de Corcubión, Vimianzo, Carnota, Zas e Carballo vanlle regalar estes lapis máxicos para escribir en galego aos seus alumnos.
Temos que destacar a implicación do video wall da campaña.
Polo de pronto, mañá teremos xa aos pequenos de Carnota e mais ao seu alcalde, ao alcalde vimiancés e algunha sorpresa máis, deixámosvos coas Vitaminas que nos dan Félix Porto, Alcalde de Muxía, e mais José Manuel Louro Pais, concelleiro de Cultura de Corcubión. Pero antes, aquí vai o do IES Pedra da Aguia, un auténtico luxo.



Especial poético

Outro que aporta as súas vitaminas en forma de poesía é o bo de Manolín, que trae para esta noite de mércores un especial Letras Galegas con poemas de Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, López Abente e Xoán Fernández Abella. O seu programa Realidade e Soños soa na radiONeria cada mércores ás 23.00h, en directo a través do blog, e aquí vos deixamos o seu manifesto persoal como adianto:

Ir a descargar

Novas relacionadas

Programas das Letras Galegas

Fonte

Comentarios