Sábado. 20.04.2024
El tiempo

"Vai cambiar moito a imaxe da Casa de Man"

"Vai cambiar moito a imaxe da Casa de Man"
Obras de rehabilitacion da Casa de Man de Camelle1 Obras de rehabilitación da Casa de Man de Camelle-Fotos de Marcos Baña Obras de rehabilitacion da Casa de Man de Camelle Foto-Marcos Baña Tiveron que pasar 15 anos dende o seu pasamento e case un ano dende a aprobación do proxecto para afrontar as obras de rehabilitación da Casa do Alemán de Camelle. Dende o pasado mes, a Construtora Messi está desenvolvendo o proxecto de Creus e Carrasco, nunhas obras financiadas pola Deputación. Coa paleta, a brocha e serra están Jonathan Balbuena e Rubén Toja, traballadores de Messi, ademais dos camelláns Manolo (da Carpintería Fuentes) e o cristaleiro Luís Romaní. Xa levan un mes de traballos, e quedan unhas 3 semanas de “choio” se o tempo respecta. A idea é inaugurala o 28 de decembro, día no que farán 15 anos do pasamento do propio Manfred Gnädinger. ”Agora estamos ultimando detalles”, cóntanos Balbuena, “Xa fixemos a carpintería de madeira, que consistía no chan, a estrutura que soporta o peso do tella, as estanterías e a zona da hamaca onde tomaba o sol. Case rematamos a impermeabilización do tellado que, a verdade tiña moitas fendas, e tamén cambiamos todos os vidros que estaban rotos. Tócanos facer a reintegración cromática das pinturas que había por fóra da casa”, explica, apuntando que o Xardín non se pode abordar porque non son terreos municipais, unha dualidade que tamén afectou ao eterno retraso da posta en marcha deste mesmo proxecto. ”Por fóra vai cambiar moito” o aspecto visual, sinala Balbuena, que sobre todo destaca que “cambia a nivel de seguridade, pois agora seguro que non lle vai caer a casa a ninguén enriba”.

Un tirón infinito… para os de fóra

Falamos con Balbuena, natural das Rías Baixas, do tirón turístico que segue tendo a nivel internacional a Casa de Man. “Si que ten tirón, si. Eu xa o sabía porque levo ligado á figura de Man bastante tempo, porque fixemos un vaciado da súa obra que hai no fixeramos e mais o positivado para o Museo hai 10 anos. Pero estes días estou comprobando que todos os días vén alomenos unha ducia de persoas, e son moitos os días que chegan autobuses de colexios ou de excursións de todas partes de España”. O que tamén percibe Balbuena é que o interese dos veciños “é máis por curiosidade sobre como vívía en plan ermitaño, sen auga, sen luz… que por recoñecelo como artista. Moita xente pensa que era só un anacoreta pero non un artista. Creo que nos fai moita falta achegarnos ao Museo e ver todas as súas obras, e a profundidade de cada técnica para ver o artista impresiontante que era”, destaca. “Aínda para min, que xa o coñecía, fun mirar outras obras e quedei alucinado”. Balbuena recoñece que para o Museo tivese aproveitado un edificio de pedra (un dos poucos que quedan no porto), utilizado no seu día para o secado de congro ou salazón, e do que só se manteñen as dúas fachadas, para realizar o museo. Pero en todo caso cre que é un bo edificio, e que a verdade non rompe a estética habitual da vila, sempre relacionada co feismo típico galego. Cre, iso si, que ten alguén erro técnico, como eses ventanais tan grandes que deixan pasar demasiada luz para ver as proxeccións ou para ter a intimidade necesaria para bucear nas obras, detalle que seguramente tivo que ver con que o edificio no fose concebido dende a base como Museo. O Xardin da Casa de Man non se pode ainda tocar-Foto_Marcos Bana O Xardín da Casa de Man non se pode ainda tocar-Foto_Marcos Baña  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios