Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Veto na Mostra do Encaixe de Camariñas?

Veto na Mostra do Encaixe de Camariñas?

Atopamos hoxe pola rede unha denuncia contra o xurado da Mostra do Encaixe de Camariñas. I é que a deseñadora berciana Dalila López denuncia ter sido vetada na Mostra 2012 logo de que 4 dos seus deseños foran seleccionados. Precisamente son estes deeños que vemos, dentro da colección denominada "A vinganza do mar", inspirada nun poema de Manuel Rivas. A situación parécelle tan grave que mesmo veñen de crear o blog vetoencamarinas.blogspot.com.es.

É que nin ela o cre o que lle aconteceu. Dalila asegura que tras pasar a primeira rolda do certame de Novos Deseñadores, o gran reclamo da Mostra a día de hoxe e o que a mantén con incidencia estatal, "uns supostos traballadores da empresa encargada de dirixir os desfiles impedíronme entrar ao backstage e ata me dixeron algo así como que vetaban a colección", sinala. "Sen explicación ningunha nin resposta por parte da organización" Dalila non puido acompañar ás súas modelos, ademais de que só puido realizar un pase cando o resto de deseñadores fixeron 2.

Dende Camariñas, a Directora da Mostra do Encaixe Dolores Lema apunta que a Mostra non quere facer declaracións sobre o asunto.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios