Venres. 19.04.2024
El tiempo

Vimianzo acolleu unhas Xornadas de Emprendemento que chegarán a Cee

Vimianzo acolleu unhas Xornadas de Emprendemento que chegarán a Cee
Publico novo nas Xornadas de Motivacion ao Emprendemento en Vimianzo

Canta falta fai a cultura emprendendora na Costa da Morte. Parece que o autoemprego é unha das poucas saídas que nos quedan nestes tempos, aínda de crise. E para que a mocidade vaia perdendo o medo e vaia creando os seus proxectos, artelláronse estas III xornadas de Motivación para Emprender que organiza a Deputación da Coruña.

Así, preto dun centenar de persoas participaron nestas charlas desenvolvidas para mozos dos concellos de Vimianzo, Zas e Camariñas. Os asistentes aprenderon as distintas fases de creación dunha empresa, entre outras temáticas para fomentar a creación de negocios.

Xornadas de Motivacion ao Emprendemento en Vimianzo

Emprende en Cee e Carballo

No Concello de Cee, as Xornadas de Motivación para Emprender, organizadas pola Deputación da Coruña e os Concellos de Cee, Fisterra e Corcubión, realizaránse os días 2 e 3 de outubro de 2014 en horario de tarde.

Se en Carballo aínda estamos pendentes das datas, a cita ceense será o xoves 2 e venres 3 de outubro 2014, das 16:00 ás 20:00h. (ás 18:00h pausa: Café) no Salón de Actos do Concello de Cee.

Os/as Interesad@s poden insciribirse na 2ª planta do concello de Cee ou a través do Tlfno 981 745 100 (extensión 6) ou do e_mail: [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios