Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Vimianzo, Camariñas, Laxe e Carnota homenaxean a Carlos Casares no día das Letras Galegas

Vimianzo, Camariñas, Laxe e Carnota homenaxean a Carlos Casares no día das Letras Galegas
Con motivo das Letras Galegas, que este ano está adicado a Carlos Casares, os concellos de Vimianzo, Carnota e Camariñas veñen de dar a súa programación para os vindeiros días. Vimianzo Vimianzo traslada a celebración das Letras Galegas á parroquia de Pasarela con varias actividades organizadas pola asociación de veciños de Pasarela, en colaboración co concello. A celebración será o propio día 17 de maio a partir das 16 horas con varias actuacións de teatro e baile e música tradicional interpretadas por distintos grupos da zona entre os que están "Os Druídas da Rolda". Ao remate, haberá pinchos "a fartar". Carnota Tamén o concello de Carnota ten xa todo o listo para a conmemoración das Letras Galegas. Os actos comezan o martes, 16 de maio, coa sesión de contacontos "Entre arrolos e contiños" de Migallas Teatro que terá lugar ás 17:30 horas no salón de actos do concello. Tamén o día 15 e 16 de maio, os alumnado do CEIP de Carnota e o do CEIP do Pindo participarán nas andainas reivindicativas "Co galego percorrendo o mundo enteiro". Percorrerán os sendeiros costeiros dende Lira ata Lariño con cadansúa camiseta a prol da lingua galega e rematarán no faro de Lariño coa lectura pública dun manifesto. O día 19 de maio, ás 20 horas, a casa da Mariñeira acolle a proxección do documental "Crónicas da represión lingüística" dirixido por Xan Leira. Logo haberá debate ao redor do tema. A entrada é libre ata completar o aforo do local. Xa o día 26 de maio, Cé Orquesta Pantasma envolverá aos nenos e nenas de entre 0 e 6 anos co seu espectáculo musical "Os fíos do querer" que será ás 17:30 horas no salón de actos da casa consistorial. As actividades continúan o día 30 de maio, ás 17:30 horas, coa sesión de contacontos "Palma Repalma" de Pavís Pavós. Esta é unha función dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos orgnizada ao abeiro do programa Apego. Laxe   O concello de Laxe tamén ven de dar a coñecer a programación cultural para este mes de maio. Así o domingo, o salón de actos municipal acolle a partir das 19 horas o espectáculo "Filipa cos contos". O martes, día 16, proxectarán ás 18 horas a película "O soño dunha noite de San Xoán". A praza Ramón Juega acolle o día 17 un acto de intercambio de libros en galego - coñecido tamén como "Bookcrossing" ou "Solta de Libros" - a partir das 12:30 horas. E xa o sábado 27 e o domingo 28, o salón de actos municipal de Laxe e as rúas da vila acolle o X festival de teatro escolar Teatrapa e o V roteiro teatralizado.   Camariñas Os alumnos e alumnas dos centros educativos de Camariñas serán os protagonistas dun dos actos que organiza o concello con motivo das Letras Galegas. Así, o día 17 de maio, ás 12 horas, a casa de Pedra da vila acollerá a gala de entrega de premios do certame literario Letras Galegas. Migalhas Teatro conducirá o acto co seu espectáculo “Canta connosco” no que se combinan cancións de temática variada con acción dramáticas. Xa ás 17 horas, a biblioteca municipal acolle o espectáculo infantil “Cabaret infantil prodixio” de “A boa compañía”. O espectáculo está dirixido a nenos e nenas de 3 a 8 anos e tená unha duración de 45 minutos. As dúas actuacións están dentro do programa Ler Conta Moito e subvencionadas pola Xunta de Galicia. Cee mostra-carlos-casares-cee A biblioteca de Cee acolle unha mostra bibliográfica sobre Carlos Casares Dentro da programación especial das Letras Galegas, a biblioteca "Francisco Mayán" de Cee acolle estes días dúas mostras bibliográficas. O seu obxectivo é dar a coñecer a vida e obra de Carlos Casares e Baldomero Cores. A mostra sobre Carlos Casares está composta por dez carteis informativos - editados pola Xunta de Galicia - e 42 libros do fondo bibliográfico da biblioteca municipal do concello de Cee. Pode visitarse ata o 26 de maio. E formando parte do programa "Lembrando a Baldomero Cores", na sala do fondo local da biblioteca, exponse unha mostra bibliográfica da súa obra literaria composta por 35 libros - 16 foron doados pola súa familia e 9 cedidos - exposición que pode ser visitada, en horario de biblioteca, do 6 ao 17 de maio.

Novas relacionadas

Fonte  

Comentarios