Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Visita a Camariñas do GALP de Croacia

Visita a Camariñas do GALP de Croacia
18 persoas, representantes institucionais e do sector pesqueiro do "FLAG Istarska Batana" de Croacia, visitaron Camariñas para coñecer os proxectos promovidos polo Concello e financiados polo GALP Costa da Morte; “Camariñas O Mar Todo”, "Museo MAN de Camelle" e "Praia do Ariño". Visita GALP Croacia a Camariñas Foto de familia dos visitantes no Museo da Conserva en Camariñas Os membros da delegación croata visitaron tamén o futuro "Museo da Conserva" promovido por Industrias Cerdeimar. A recepción tivo lugar na sala xestionada pola Asociación de Empresarios Turísticos de Camariñas no faro Vilán, con presenta, por parte do Concello de Camariñas da Tenente de alcalde, Sandra Insua, o concelleiro de Obras e Infraestruturas Juan Carlos Canosa e o Técnico Municipal Emilio González. Tamén estuvieron acompañados ao longo da visita pola presidenta da Confraría de Camariñas, Dolores Bermúdez e polo xerente de Industrias Cerdeimar, Andrés Cerdeiras. O grupo estivo tamen acompañado polo xerente do GALP Costa da Morte Guillermo González. A visita enmarcase nos contactos institucionais que os diferentes concellos integrados en programas europeos coma o que sostén os GALP manteñen ao longo do ano.

Comentarios