Venres. 29.03.2024
El tiempo

Zas continúa sen pediatra a pesar das escusas do PP

Zas continúa sen pediatra a pesar das escusas do PP
Centro de Saude de Zas Unhas 250 familias do Concello de Zas levan máis de unha semana sen servizo de pediatría. O goberno municipal de Zas, liderado por Manuel Muíño, presentou xa a semana pasada unha queixa formal ante a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia solicitando que se cubra a praza do pediatra (que está de vacacións ata o día 2 de novembro) e que se poña fin ao servizo compartido cos concellos de Vimianzo e Camariñas que se repite cada vez que un pediatra titular fai uso dos permisos e licenzas que lle corresponde. Precisamente esta mañá o concello recibiu unha notificación onde se explica que derivan a queixa á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña “por ser o órgano competente no asunto exposto”, según explica na notificación. Desta forma, o servizo queda desatendido novamente. Os pais e nais que solicitaron cita para hoxe foron derivados os pediatras de Vimianzo e de Camariñas, co consecuente colapso nestas consultas.

As “explicacións” do PP local

O pasado venres o voceiro do PP local explicaba que foi un “problema puntual” e aseguraba que este luns se recuperaría o servizo. “O que sucedeu estes días é que estaba programada a ausencia do pediatra de Vimianzo por vacacións do 9 ao 20 de outubro e, posteriormente, xurdiu a baixa por enfermidade dun familiar de primeiro grao da pediatra de Zas, do 16 ao 20 deste mes, e que non foi posible cubrir”, intentou explicar o popular a pesar de errar na súa promesa.

Que pasa cos servizos de pediatría?

Na bisbarra levamos tendo problemas nestes anos con este servizo sanitario tan básico en Carballo, Cee e Corcubión, Laxe, Mazaricos… Agora tócalle a Zas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios